
6 junio 2025
Provivienda, ca participación da Xunta de Galicia, reafirma o seu compromiso co desenvolvemento sostible, inclusivo e participativo do medio rural, a través de redes que fortalecen o arraigamento, a igualdade de oportunidades e a cohesión social.
Por iso, o próximo 10 de xuño, de 10:30 a 13:30 horas, organizamos a xornada “Tecendo Futuro no Rural”, que terá lugar no salón de actos da delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Este evento forma parte do programa Alíate ao Pobo, financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O obxectivo desta xornada é crear un espazo de reflexión, diálogo e propostas para abordar os retos e as oportunidades do medio rural en Galicia. Contaremos coa participación de representantes institucionais, entidades sociais, responsables municipais e profesionais no ámbito social e económico. A xornada dividirase en tres mesas redondas que abordarán temas clave para o desenvolvemento rural:
- Acceso á vivenda no rural, compartindo experiencias de xestión desde a administración pública e o terceiro sector.
- Emprego e desenvolvemento económico, enfocándose na formación, emprendemento e colaboración coas empresas locais.
- Vínculos comunitarios e arraigamento, presentando iniciativas de dinamización social e abordaxe de despoboamento.
—————————————
Provivienda, con la participación de la Xunta de Galicia, reafirma su compromiso con el desarrollo sostenible, inclusivo y participativo del medio rural, a través de redes que fortalecen el arraigo, la igualdad de oportunidades y la cohesión social.
Por eso, el próximo 10 de junio, de 10:30 a 13:30 horas, organizamos la jornada “Tecendo Futuro no Rural”, que se realizará en el salón de actos de la delegación territorial de la Xunta de Galicia en Ourense. Este evento forma parte del programa Alíate al Pueblo, financiado por el Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.
El objetivo de esta jornada es crear un espacio de reflexión, diálogo y propuestas para abordar los retos y las oportunidades del medio rural en Galicia.
Contaremos con la participación de representantes institucionales, entidades sociales, responsables municipales y profesionales en el ámbito social y económico. La jornada se dividirá en tres mesas redondas que abordarán temas clave para el desarrollo rural:
- Acceso a la vivienda en el rural, compartiendo experiencias de gestión desde la administración pública y el tercer sector.
- Empleo y desarrollo económico, enfocándose en la formación, emprendimiento y colaboración con las empresas locales.
- Vínculos comunitarios y arraigo, presentando iniciativas de dinamización social y abordaje de despoblamiento.
Programa de la jornada
10:30 – 10:45 | Inauguración
- Manuel Pardo Cid, delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense
- Ana Pardo Fernández, responsable territorial de Provivienda en Galicia
10:45 – 11:30 | Mesa de diálogo A vivenda no rural: “Experiencias e retos na xestión do acceso á vivendanos concellos galegos”
- Pilar Fernández León, directora Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Ourense.
- Álvaro Vila Araujo, alcalde de Taboadela.
- Iago Prado Vázquez, responsable de programa de Protección Internacional de Provivienda en Galicia.
- Lucía Chaves García, educadora Social. CDR Portas abertas.
11:30 – 12:15 | Mesa de diálogo Emprego e desenvolvemento económico rural: “Oportunidades laborais formación e sinerxías co tecido empresarial local”
- Marta Vázquez Guzmán, directora Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Ourense.
- Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán de Río.
- Eva D. Castro Outeiriño, dirección de proxectos de Impacto social positivo en Rural.
- Belén Mendoza, responsable de programas europeos na Cámara de Comercio de Santiago, coordinadora do proxecto europeo Erasmus para emprendedores.
- Edesio Díaz González, técnico de Emprego – Protección InternacionaI. Provivienda Ourense
12:15 – 12:45 | Pausa café.
12:45 – 13:30 | Mesa de diálogo Vínculos e comunidade no territorio: “Accións de dinamización, participación social e arraigamento”
- Santiago Álvarez González, directora Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade en Ourense.
- Pili Nogueiras Rodríguez, traballadora Social proxecto “Viviendas para la inclusión”. Programa fogares. Provivienda Ourense.
- Geanina Lascu, traballadora Social. Concello de San Xoán de Río.
- Milagros Rodríguez, dimanizadora rural. Proxectos contra o despoboamento. CDR O Viso.
13:30 | Despedida.
- Silvia Dorado Morales, secretaria Territorial da Delegación da Xunta de Galicia en Ourense.
- Iago Prado Vázquez, responsable Programa Protección Internacional de Provivienda en Galicia.


